Andresadas |
![]() http://andresito_gal.blogia.com Benvidos ó web blog de Andrés Rozados Lorenzo, alumno da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación ( estudando, ou intentándoo , Publicidade e Relacións Públicas) en Pontevedra. Neste blog quero expresar a miña opinión con total sinceridade e liberdade sobre temas de onte, de hoxe e de mañá. Ofrecervos todas aquelas pequenas cousas que nos alegran, e tamén entristecen, na nosa vida.
|
|
|
Descarga o trailer da curtametraxe para coñecer máis Retrato Este venres tivemos a posibilidade de acudir á estrea de Retrato, a última curtametraxe do director santiagués Jairo Iglesias. É moi ilusionante pensar que un amigo ó que coñeces dende que tiña 3 anos sexa capaz de facer estas marabillas... A estrea realizouse no Centro de Arte Galego Contemporáneo, o venres 16 ás 22.15 da noite... Jairo explicou que, despois de tanto tempo agardando, podía estrear esta curta que fixera con tanta ilusión... Unha historia de amor, na que realmente comprendemos que hai que aproveita-lo tempo, que só se vive unha vez, que hai que disfrutar das cousas bonitas da vida... Cun reparto con ganador dun Goya Tamar Novas, e tamén, Sara Casasnovas, María Castro e Sergio Suárez... Por outra banda, Jairo quixo adicar esta curtametraxe a un dos seus millores amigos, que por desgracia, foinos roubado hai cinco meses... Óscar Muiño volveu a ser recordado por todos, nun, segundo dixo o director: "...Este cortometraje no tiene nada que ver con él, pero es un pequeño homenaje que le rindo..." Sen dúbida, unha curtametraxe excepcional que espero que sexa posible voltala a ver en máis salas de Galicia, e ogallá, de España... NORABOA JAIRO, SEGUE ASÍ QUE HAS DE CHEGAR LONXE... Autor: Miguel Fecha: 21/12/2005 20:59. |
Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras